Blog

Formación para empresarios e directivos

volver-portafolio

Cliente: Conferencias y Formación

logo_campus-escuela-unidad-editorial

Conferencias y formación é unha división do grupo Unidad Editorial especializada na formación de profesionais e directivos desde 1996. Realizan eventos e conferencias ao longo de todo o ano coa finalidade de proveer aos profesionais con información actualizada sobre as principais estratexias de xestión empresarial e as mellores prácticas profesionais do mercado. Máis de 8.000 empresarios e diretcivos asisten cada ano aos eventos desta división.

Ao longo dos anos ampliaron o seu campo de acción para chegar a impartir programas de desenvolvemento personal e programas máster de primeiro nivel. Neste afan de continuar proporcionando unha formación de primeiro orden aos empresarios e directivos, desde hai uns anos, desde Conferencias y formación imparten tamén formación online a través da plataforma Chamilo a máis de 600 profesionais de toda a xeografía española.

A través do seu campus Chamilo, distribuen vídeos de alta calidade, combinan as clases teóricas con sesións máis prácticas, o envío de tarefas e a realización de exercicios online. A sinxeleza de uso de Chamilo foi un dos factores clave para o éxito deste proxecto que impartiu. Reconvertir un equipo non espelizado en e-learning nun equipo totalmente preparado para a impartición de programas de formación online innovadores.


Sira Santos. Directora Programas de Desarrollo Profesional. Escuela Periodismo y Comunicación de Unidad Editorial.

foto-sira
“Traballar con Contidos Dixitais, en concreto con Noa e o seu equipo é un luxo. Non só é que a plataforma Chamilo estea moi ben valorada polos nosos alumnos a nivel de usabilidade e de utilidade, senón que o equipo de Contidos Dixitais sempre está dispoñible e son rápidos en solucionar os problemas que se formulan. É un gusto traballar con proveedores cos que a relación non só é para o proxecto no que estás traballando en cada momento, senón que podes contar con eles para consultar potenciais proxectos que incluso no estean en marcha. Ademáis, ofrecenche incluso as ferramentas para lanzar Moocs, tratándose dunha ventaxa máis se se quere ir máis alá no e-learning.”



escuela unidad editorial

captura_unideditorial1

captura_unideditorial2

captura_unideditorial3

Emiliano Orizales Orizales

Emiliano Orizales Orizales

Comentarios

0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.