Creación de contidos

Personaliza o teu e-learning con contidos feitos á túa medida

Persona Frustrada
Persona con libro

Dixitalizamos os teus contidos

Para Contidos Dixitais o e-learning é algo persoal. Non só porque nos tomamos o noso traballo moi en serio, senón porque aquí non atoparás cursos prefabricados.

Non os busques, non os hai. Por iso non temos catálogo. Só creamos contidos ad hoc, á medida e totalmente personalizados.

Desenvolvemos a túa estratexia formativa e definimos o teu proxecto dixital: desde a guionización (a “arquitectura” das experiencias de aprendizaxe) e a produción ata o deseño gráfico, os elementos multimedia e a conversión a SCORM/HTML5. Os contidos que nos pidas sempre serán de calidade, claro, pero tamén 100% exclusivos: o teu curso será só teu e de ninguén máis.

Para mostra un botón, amosámosche algúns contidos que creamos

Crea experiencias de aprendizaxe atractivas que realmente funcionen

As túas clases online xa non voltarán ser aburridas:

Prácticos

Engancha aos teus alumnos con contidos dinámicos e creativos que fomenten a interactividade

Útiles

Imparte cursos de alta calidade que reteñan o coñecemento que xa existe na túa organización

Cultura corporativa

Aumenta a motivación e o compromiso dos teus empregados co proceso formativo

Seguimiento

Realiza un seguimento da súa progresión e fai medrar a taxa de aprendizaxe

Pensado para ti

Mellora a túa propia experiencia de ensinanza e cumpre cos teus obxectivos coma formador

QUERES QUE OS TEUS CONTIDOS SEXAN AGRADABLES E DOADOS DE DIXERIR?

Conta aos teus alumnos algo co que se sintan conectados. E cóntallo ben

Os seres humanos somos diversos e únicos ao tempo, e a maneira na que a xente aprende é toda unha ciencia.

Que facemos en Contidos Dixitais para que os teus contidos se adecúen ao perfil dos teus usuarios e sexan asimilados de forma eficaz?

Os teus programas de e-learning deben fomentar a curiosidade e a participación; a interacción é imprescindible; o feedback ten que ser inmediato; e é vital dosificar a información. Ti que cres que funcionará mellor? Un bloque de texto inacabábel ou un gráfico interactivo? Unha información longa e pesada ou pílulas de microaprendizaxe facilmente dixeribles? Un material insulso e impersoal ou outro con experiencias inmersivas baseadas en xogos e simulacións?

Fai que os teus alumnos conecten co contido formativo e maximiza o seu potencial de aprendizaxe.

Persona y Cohete

SON ASÍ OS CONTIDOS QUE ESTÁS A BUSCAR?

Cohete

Creativos e con gancho

Cando creas un programa de formación non podes cruzar os dedos e esperar que os teus alumnos aprendan sen máis. Tes que captar a súa atención para que se mergullen no proceso formativo
Videoconferencia

Coa máxima compatibilidade

Podes formar aos teus alumnos desde calquera dispositivo (PC, tablet, smartphone) e os nosos contidos lévanse de marabilla co formato SCORM e con calquera navegador actual.
Persona con móvil contenta

Feitos por especialistas
e para calquera sector

Non importa cal sexa a actividade da túa empresa. Nin se se trata dunha empresa privada ou unha administración pública. Deseñamos contidos para campus virtuais de aprendizaxe adaptados a todo tipo de sectores e para completar as necesidades formativas ou de capacitación de calquera equipo humano. Desde cursos de atención ao cliente e de saúde e soporte ao paciente ata formación en liderado, onboarding ou ventas.

Queres que creemos contido xuntos?


    1. Responsable de los datos: E-Contidos S.L. Urb. As Rozas 24, 27150 Outeiro de Rei, Lugo-España.

    2. Finalidad de los datos: Responder a tus consultas o enviar información que nos solicites.

    3. Almacenamiento de los datos: Comvive Servidores S.L. (UE).

    4. Derechos: Tus datos no serán cedidos a terceros. En cualquier momento puedes limitar, recuperar y borrar tu información.