Contidos Dixitais

Tu campus virtual en 4 días

  • Sobre nós
  • Servizos
  • Casos de éxito
  • Recursos
  • Solicita a túa demo
  • es
  • en
  • gal

Sobre nós

“E-learning sen estrés”. Iso é o que facemos

En Contidos Dixitais axudamos ás empresas a lanzar os seus proxectos de formación e-learning co menor estrés posible facendo uso dun dos lms máis sinxelos e fáciles de usar do mercado: Chamilo LMS.

 

Sobre nós e as nosas orixes

noa_sobre_nosotros

A nosa empresa nace no ano 2006 da man de Noa Orizales Iglesias, unha galega que buscaba un proxecto motivante, que permitise a movilidade por todo o territorio e que no exigiese traballar as 24 horas ao día por un salario case terceiromundista.

O primeiro obxectivo da empresa era vender cursos online a medida en galego… pero pronto nos demos conta que non había moito mercado para isto

e menos para unha empresa xove como a nosa que ademáis non contaba con “padriños” no panorama do e-learning galego.

Así que cambiamos o noso foco e apuntamos a luz cara a novas alternativas, convertíndonos en 2007 na primeira empresa española proveedora oficial de Dokeos en España, una das principales alternativas a Moodle naquel entonces.

“Foi un placer traballar con Noa e o seu equipo, ao que encargamos a producción dun curso multimedia. Xestión impecable en tempo e resultados, mimo e dedicación ao proxecto e un trato profesional e exquisito.
Tamén recomendo a súa faceta como docente, xa que formoume no uso de Lectora. No só domina o tema, senon que sabe explicalo e poñer os exemplos e prácticas necesarias para a súa interiorización”.

— Soledad Parral, Project Manager en Netex | Innovative Learning Technologies

Durante un tempo fomos proveedores de Dokeos e pouco a pouco fómonos implicando máis e máis no desenvolvemento daquel software e no mantemento da súa comunidade. Alí entablamos contacto profesional e amizade con Yannick Warnier, quen por aquel entón era xefe de desenvolvemento de Dokeos e iniciara a creación de Dokeos Latinoamérica.

“Noa actou como revendedora dos nosos servicios e en moi poucos meses conseguiu máis contratos mensuais que o noso propio equipo. También traballou con nós como xerente de proxectos de deseño CSS e sempre proporcionou deseños enxeñosos que lle conferiron ao noso produto un toque moito máis corporativo. É moi eficiente e posúe grandes habilidades en todo o relacionado coas TIC.”

— Yannick, CEO en Beeznest

Pouco a pouco démonos conta que a filosofía de Dokeos no encaixaba coa nosa visión do mundo, cos nosos ideais, nin co noso xeito de dacer as cousas, así que, despois de moitos cafés, longas charlas por Skype e algunha que outra quedada presencial, lanzámonos á fundación do proxecto Chamilo da man de Yannick.

En 2010 naceu a Asociación Chamilo e Noa formou parte da primeira xunta directiva que definiu os seus estatutos e os seus obxectivos. E así comezou a andadura cara a un proxecto radical de software libre e máis respetuoso coa súa comunidade de contribuidores.

Se queres saber máis sobre este proxecto, podes consultar a nosa sección sobre Chamilo aquí.

Desde a fundación da Asociación, sempre temos formado parte da Xunta directiva (que é elixida cada dous anos polos seus socios) e temos apoiado o proxecto ao 100% de todas as formas posibles: co noso tempo, cos nosos desenvolvementos, titoriais e temas, co noso diñero, compartindo, ensinando e facendo todo o posible para que a comunidade Chamilo creza.

E aquí seguimos, aportando todo o que podemos ao panorama do e-learning mundial desde un pequeno rincón de Galicia.

Algunhas cousas que quizás non saibas de nós e que che axudarán a saber que tipo de empresa somos:

 

 

No cobramos subvenciones

Nunca cobramos nin unha soa subvención. Todo o que somos fixémolo soiños coa súor da nosa fronte.

 

Apuntámonos a un bombardeo

Sempre que nos chaman para eventos gratuitos relacionados con Chamilo, somos os primeros en estar alí sen cobrar un peso.

 

Apoiamos o software libre

Destinamos o 5% dos nosos beneficios anuais a Chamilo e outros proxectos de software libre.

 

Somos solidarios

A nosa empresa colabora con numerosas causas sociais e asociacións ás que axudamos con tempo, diñiero ou desenvolvementos.

¿Queres mellorar os teus cursos e-learning? Suscríbete e recibe trucos e consellos sobre formación online



Contidos Dixitais

Proporcionamos solucions de e-learning para empresas que necesiten despreocuparse dos problemas técnicos de formar online aos seus empregados ou clientes.

Conecta con nós

  • Google+
  • LinkedIn
  • Twitter
  • Youtube

Contacto

  • info@contidosdixitais.com
  • 666 23 49 66

Copyright Contidos Dixitais © 2021 · Todos los derechos reservados · Aviso legal