Casos de éxito – Cooperativas aínda máis conectadas

Aula Espazo Coop

Casos de Éxito: Espazo Coop - Contidos Dixitais
“O campus virtual é intuitivo, bonito e permite xestionar as ferramentas dispoñibles para poder “alixeiralo” e facelo máis accesible ás persoas novatas. O servizo de soporte funciona realmente ben. As persoas de Contidos son atentas, próximas e tómanse cada incidencia coma un reto. Estou moi contenta de telos atopado.”

O reto: ser virtuais en tempo récord

Espazo Coop é unha entidade multisectorial de carácter empresarial, configurada como asociación sen ánimo de lucro, de ámbito galego, integrada por cooperativas de distintas clases, inspirada nos principios cooperativos e os seus valores. O seu obxectivo é xuntar, representar, e impulsar a intercooperación, defender os intereses das súas cooperativas socias e das persoas que as constitúen, e a divulgación, fomento e consolidación do cooperativismo como ferramenta de desenvolvemento socioeconómico, no marco da economía social e solidaria.

Espazo Coop chegou a nós en plena crise da Covid-19 buscando unha solución que lles permitise pasar rapidamente dun sistema baseado na presencialidade a un sistema completamente online. Todo un reto para o cal, ademais, apenas tiñamos tempo.

Espazo Coop

Que fixemos para solucionalo?

Deseñar un campus propio

Preparamos en tempo récord un portal online con todo o necesario para impartir a súa formación a máis de 670 alumnos.

Darlles todas as ferramentas

O aula virtual que creamos serviulles para impartir clases e realizar reunións online con audio, vídeo e taboleiro compartido.

Asesorar e orientar

Axudámoslles a identificar mellor as súas necesidades e como cubrilas.

Asistir na creación de contidos

Acompañámolos na identificación das ferramentas axeitadas para a creación de contidos, que lles permiten ser autónomos e xerar os seus propios cursos SCORM totalmente aptos para consumo desde PC, tablet o móbil.
Casos de Éxito: Espazo Coop - Contidos Dixitais

Estás buscando algo así?

Queres poñer en marcha o teu campus e-learning?


    1. Responsable de los datos: E-Contidos S.L. Urb. As Rozas 24, 27150 Outeiro de Rei, Lugo-España.

    2. Finalidad de los datos: Responder a tus consultas o enviar información que nos solicites.

    3. Almacenamiento de los datos: Comvive Servidores S.L. (UE).

    4. Derechos: Tus datos no serán cedidos a terceros. En cualquier momento puedes limitar, recuperar y borrar tu información.

    larutaroja