Casos de éxito – Aforro de custos e maior alcance

Concello de Zaragoza

Casos de Éxito: Ayto Zaragoza - Contidos Dixitais

“Ter un bo servizo de soporte é moi importante. Agradécese a rapidez de resposta ante problemas que os alumnos ou usuarios necesitan que se resolvan con urxencia.”

O reto: unha boa xestión dos cursos

Desde o departamento de Prevención e Saúde do Concello de Zaragoza foron conscientes moi pronto de que se querían cumprir con todos os requisitos legais e ter ao seu persoal correctamente formado y en prazo, debían contar cun sistema online para distribuír os seus cursos. Puxéronse en contacto con nós no 2004 e hoxe forman xa con este campus a arredor de 2.000 empregados municipais en temas que van desde a promoción da saúde no posto de traballo ata o uso de desfibriladores, pasando pola actualización nos protocolos Covid.
Ayto Zaragoza

Que fixemos para solucionalo?

Desenvolver o seu propio campus

Con el aproveitan todas as fortalezas do e-learning e logran dar a formación e información necesarias a todos os traballadores municipais sobre prevención de riscos laborais de maneira asíncrona e facilitándolles a conciliación.

Chegar ao máximo número de empregados

Facilitamos o acceso aos cursos cun formato actual que poda ser utilizado por un amplo número de empregados.

Fomentar o uso da tecnoloxía

Aínda que nun principio o campus se dirixiu aos traballadores municipais familiarizados coas novas tecnoloxías, máis tarde nos decatamos de que este formato tamén é unha boa escusa para iniciar a aqueles que non tiñan experiencia neste tipo de formación online. E foi todo un éxito.

Aforrar custos

O seguimento dos procesos formativos permitiu ao Concello de Zaragoza descubrir que con Chamilo aforran de xeito considerable en custos de profesorado, instalacións e creación de materiais en soporte tradicional.

Estás buscando algo así?

Queres poñer en marcha o teu campus e-learning?


    1. Responsable de los datos: E-Contidos S.L. Urb. As Rozas 24, 27150 Outeiro de Rei, Lugo-España.

    2. Finalidad de los datos: Responder a tus consultas o enviar información que nos solicites.
    3. Almacenamiento de los datos: Comvive Servidores S.L. (UE).
    4. Derechos: Tus datos no serán cedidos a terceros. En cualquier momento puedes limitar, recuperar y borrar tu información.