Imaxinas poder esquecerte
e centrarte só en formar online?

Barra de progreso
Creamos o teu propio campus virtual, fácil de usar e adaptado á túa imaxe dunha forma sinxela.

Pois deixa de imaxinalo e faino realidade.

Chamilo LMS é unha plataforma de e-learning de código libre tan doada de usar que che permite ter listo o teu propio campus virtual e lanzar os teus contidos online en só 4 días. De forma sinxela, áxil e 100% segura desde o primeiro clic. E cun deseño atractivo e adaptado ao estilo da túa propia marca.

Deixa de preocuparte e comeza por fin a ocuparte do importante: formar mellor aos teus empregados e aos teus clientes. Chamilo é a solución perfecta para desenvolver os teus proxectos de e-learning con éxito e facer medrar a túa empresa.

Non te compliques a vida co e-learning

Aforra tempo e cartos: sé máis eficiente

Cohete

Di adeus aos problemas técnicos

Pode que non entendas moito de tecnoloxía. Nin falta que fai. Desde Contidos Dixitais proporcionámosche soporte técnico personalizado (aloxamento, instalación, mantemento, asesoramento) para ter o teu campus de formación online sempre a punto. E como ademais somos especialistas en Chamilo e coñecemos en profundidade a ferramenta (somos cofundadores e proveedores oficiais dela), podemos resolver calquera problema en tempo récord.

En resumo: cubrímosche as costas pase o que pase e nunca te deixamos tirado. A tecnoloxía é a túa amiga e con nós á beira, sempre haberá unha persoa para axudar.

Caja Herramientas

Telo todo en 1

Con Chamilo LMS podes xestionalo todo cun único software: altas e baixas de usuarios, cursos, clases, informes, certificados, documentos, foros, vídeos…

Gústanos dicir que a nosa plataforma é como unha bola de billar: sólida, compacta, relucente. Outras plataformas de e-learning están compostas por máis boliñas que se adhiren unhas ás outras e, si, fan moitas cousas, pero tamén adoitan xerar máis problemas.

En Chamilo tes integrado, cohesionado e testado todo o que necesitas nunha soa ferramenta e non hai módulos independentes, que ás veces fallan cando tes que descargar actualizacións.

Persona con auriculares

Controla o teu orzamento e as túas necesidades

Sen sorpresas. Con nós e os nosos packs anuais saberás con exactitude desde o primeiro día canto vas investir en formación online nos vindeiros 12 meses. Nin máis nin menos. Ademais, como a plataforma xera informes de actividade, podes analizar polo miúdo o funcionamento do campus, facer seguimento de cada usuario e de cada curso e —isto é clave— medir os resultados obtidos. Isto permitirache actuar en base aos datos: axustarás e organizarás mellor as rutas de aprendizaxe e darás formación relevante e de calidade aos teus empregados e clientes a un menor custo e con menos esforzo.

Os nosos clientes

Comillas

Raquel Molares

Thales España
Responsable de Saúde e Benestar
Coordinadora do Campus Virtual
“Durante a pandemia ten sido un aliado imprescindible para non perder o ritmo e sacar adiante varios proxectos que adoitabamos facer de xeito presencial. Noa e o seu equipo son tan profesionais e nolo poñen sempre tan doado que é un gustazo traballar con eles”
Raquel Morales - Thales España
Espazo Coop
Patane García Méndez Espazo Coop

Patane García Méndez

Coordinadora interna e de formación de Espazo Coop
«Gústame o campus virtual, é intuitivo, bonito e permite xestionar as ferramentas dispoñibles para poder “alixeiralo” e facelo máis accesible ás persoas novatas. O servizo de soporte funciona realmente ben. As persoas de Contidos son atentas, próximas e toman cada incidencia coma un reto. Estou moi contenta de telos atopado.»
Ayto Zaragoza
José Emilio Mendo Ayto Zarazoga

José Emilio Mendo

Xefe de sección de Formación e Información do Servizo de Prevención e Saúde do Concello de Zaragoza
«Ter un bo servizo de soporte é moi importante. Agradécese a rapidez de resposta ante problemas que os alumnos ou usuarios necesitan que se resolvan con urxencia. Tamén salientamos a paciencia e comprensión que teñen cando plantexamos problemas que son máis ben froito da nosa propia inexperiencia».
Diario Médico
Sira Santos Unidad Editorial

Sira Santos

Directora de contidos, marketing e loxística.
Área Eventos de UNIDAD EDITORIAL
«Traballar con Contidos Dixitais é un luxo. Non só porque a plataforma Chamilo estea moi ben valorada polos nosos alumnos a nivel de usabilidade e de utilidade, senón que o equipo de Noa sempre está dispoñible e son moi dilixentes para solucionar os problemas. É un gusto traballar con provedores que se implican non só no proxecto no que estás a traballar nese momento, senón que podes contar con eles para consultar potenciais proxectos que aínda non están en marcha».

Temos un plan perfecto para ti:

Chica con portátil

01

Pídenos unha demo

Adaptámola ao que ti solicitas e realizamos contigo unha sesión en vivo cos primeiros pasos para crear o teu campus virtual. Verás como funciona Chamilo LMS en menos dunha hora e descubrirás que é moi doado de usar.

02

Proba, proba e volta probar

Podes experimentar tranquilamente coa plataforma durante 15 días. Proba ao teu ritmo e totalmente de balde. Será o inicio dunha grande amizade entre Chamilo e máis ti.

03

Elixe o plan que mellor te vai

Tes opcións. Escolle a que mellor se axuste ás túas necesidades. Catro días despois terás dispoñible o teu espazo de e-learning no teu dominio. E dicímoscho desde xa mesmo: sempre cumprimos os prazos.

04

Carga os teus contidos e despega

Empeza a viaxe. Sube á plataforma as túas clases e os teus cursos de xeito sinxelo e lanza axiña o teu campus virtual entre os teus empregados ou clientes.

05

Empeza a formar de verdade

Comeza impartir unha mellor formación e a potenciar a capacitación dos teus usuarios. Goza facendo o teu traballo. A tecnoloxía xa non te frea e tes á fin o control.

Temos un plan perfecto para ti:

Chica con portátil

Pídenos unha demo

Adaptámola ao que ti solicitas e realizamos contigo unha sesión en vivo cos primeiros pasos para crear o teu campus virtual. Verás como funciona Chamilo LMS en menos dunha hora e descubrirás que é moi doado de usar.

Proba, proba e volta probar

Podes experimentar tranquilamente coa plataforma durante 15 días. Proba ao teu ritmo e totalmente de balde. Será o inicio dunha grande amizade entre Chamilo e máis ti.

Elixe o plan que mellor te vai

Tes opcións. Escolle a que mellor se axuste ás túas necesidades. Catro días despois terás dispoñible o teu espazo de e-learning no teu dominio. E dicímoscho desde xa mesmo: sempre cumprimos os prazos.

Carga os teus contidos e despega

Empeza a viaxe. Sube á plataforma as túas clases e os teus cursos de xeito sinxelo e lanza axiña o teu campus virtual entre os teus empregados ou clientes.

Empeza a formar de verdade

Comeza impartir unha mellor formación e a potenciar a capacitación dos teus usuarios. Goza facendo o teu traballo. A tecnoloxía xa non te frea e tes á fin o control.
Comeza o cambio
Proba gratis o noso campus durante 15 días

Sabes por que te vai gustar Chamilo e-learning?

É cómodo e moi doado de usar

Desde calquera dispositivo, en calquera momento e desde calquera lugar. E ten unha interfaz clara e limpa, moi amigable e intuitiva. Chamilo personalízase facilmente (podes poñer o teu logo e empregar as túas cores corporativas). Por iso vale para calquera tipo de usuario e ofrece a mesma boa experiencia a todos eles.
contidos dixitais campus virtual y formacion para empresas

Non te pon límites

Nin nas horas que podemos chegar a adicar a darche soporte técnico nin no número de persoas que poden chegar a usalo: obtén axuda cando a necesites e rexistra tantos alumnos (empregados ou clientes) como queiras.
contidos dixitais campus virtual y formacion para empresas

É 100% seguro

Chamilo non é un hosting ao cal é posible acceder —e tocar, borrar ou danar—, senón que é un servizo na nube, protexido, fiable. A túa información sempre está segura. Por iso, e porque resolvemos con axilidade calquera incidente técnico que se poida presentar, garantimos que o teu campus estará operativo todos os días, en todo momento.
Queres poñer en marcha o teu campus e-learning?


    1. Responsable de los datos: E-Contidos S.L. Urb. As Rozas 24, 27150 Outeiro de Rei, Lugo-España.

    2. Finalidad de los datos: Responder a tus consultas o enviar información que nos solicites.

    3. Almacenamiento de los datos: Comvive Servidores S.L. (UE).

    4. Derechos: Tus datos no serán cedidos a terceros. En cualquier momento puedes limitar, recuperar y borrar tu información.